Banda Oriental

A Banda Oriental por Alonso de Santa Cruz, no século XVI.

Banda Oriental ou A Banda Oriental é a denominación que recibiu ata aproximadamente 1815 coa creación por José Gervasio Artigas da Provincia Oriental, o territorio riopratense situado ao leste do río Uruguai no tramo final do seu curso e ao norte do río da Prata, abarcando unha zona que se corresponde en forma aproximada coa actual República Oriental do Uruguai e parte do estado brasileiro de Río Grande do Sur. Era a terra máis oriental do vicerreinado do Río da Prata e a súa extensión diminuíu a medida que partes do seu territorio foron incorporados a Portugal como parte da Capitanía de Río Grande de San Pedro.

Non constituíu unha unidade administrativa ata a creación de facto por José Artigas da Provincia Oriental en 1813 e o posterior decreto do Director Supremo das Provincias Unidas do Río da Prata do 7 de marzo de 1814, que creou formalmente a Gobernación Intendencia Oriental do Río da Prata.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search